11.1.11

SÁBADO, 8

Erguémonos hoxe para preparar as mochilas, cargar os coches de tío Moncho e tía Enid e saír cara a San Juan para pasear novamente gozando da beleza do Vello San Juan -que é realmente impresionante- xantar alí e finalmente achegarnos ó aeroporto.





Pasamos un pedazo moi agradable dando millo ás pombas…






En San Juan recollemos a Monchito e despois de comer fomos xuntos ó aeroporto. Alí despedímonos todos pois el voaba ás 17:30h. para Miami e nós ás 18:30h. con destino Madrid. Entretivémonos xogando no aeroporto ata a hora de embarcar e seguimos enredando longas horas no avión.


Así fomos levando con paciencia, e coas pilas recargadas ata os topes de enerxía caribeña, esta longa viaxe de retorno. Embarcamos o sábado ás 18:00h. no aeroporto de San Juan e baixámonos do noso coche en Muimenta ás 18:00h. do domingo: dezanove horas de viaxe máis cinco de diferenza horaria que suman un cansancio considerable pero moi doado de soportar grazas á cantidade de bos momentos que vivimos alá e grazas tamén a tódalas persoas que día a día (ou de cando en vez) nos seguistes a través deste humilde espazo…



GRAZAS de corazón a todos e todas, nesta viaxe permitídeme que o agradecemento sexa especial para a miña amiga Enid e “os seus” ;)

Sem comentários: