17.1.11

PUERTO RICO, 2010


(Música de Mamá Cabra: "Un peixe moi divertido")

Un ano máis abrimos esta ventá ó mundo, desta volta é para compartir con vós o noso Diario de Viaxe a Puerto Rico.

Sodes moitas as persoas que nos "acompañastes" ó longo destes dezasete días. A todas e cada unha de vós, quero agradecer a agradable compañía, tanto ás que me animastes a escribir cos vosos comentarios sempre tan agarimosos (no blog, en facebook, mediante correos electrónicos, teléfono ou persoalmente) como ás que viñestes con nós desde o voso silencio pero que vos sabemos aí e gústanos que así sexa ;-)
Tamén un aloumiño especial a tódalas persoas que chegades a este blog cando a viaxe xa rematou... A unhas e outras desexo que pasarades, ou pasedes, uns momentos entretidos contemplando fotos e/ou lendo as miñas humildes anotacións...

Graciñas por virdes con nós e ata sempre!!!

Sabela.

Sem comentários: