Vimos como tódolos mecanismos funcionan coa caída da auga polo seu propio peso, sen máquinas sofisticadas nin electricidade, e explicounos tamén os distintos pasos no proceso de cultivo e preparación dos grans de café e cacao. Resultounos moi curioso todo pois non tiñamos nin idea de onde saía o chocolate que tanto nos gusta... Seguimos as explicacións con atención e paseamos polo lugar desfrutando dun ambiente fresquiño que conseguen grazas ás múltiples especies vexetais e auga que alí hai.
De volta a casa démonos un chapuzón na piscina para refrescarnos e comer máis cómodos. Pola tarde paseamos de novo pola Praza de Ponce e despois fomos ó Club Deportivo para xogar un pouco a tenis e enredar por alí. A pesar de ter anoitecido xa, a temperatura é tan agradable que dá gusto estar fóra.
Como prestou o último baño nocturno na piscina!!! E que peniña nos dá pensar que xa rematan estes dezasete días de vacacións tan especiais...
Ata daquela, entón!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário