Durante o camiño acompañáronnos as paisaxes nevadas e a agradable sensación de pensar nas nosas mochilas cargadas con roupa de verán, protección solar, gafas de bucear… En fin, que ilusión tan grande!
Chegamos a Madrid a iso das seis e media despois de parar unicamente en Benavente para xantar e xa no Guadarrama para estirar as pernas e pisar a neve.
Despois de instalarnos no Hotel Osuna saímos a pasear polas céntricas e iluminadas rúas de Madrid observando o ambiente navideño e camiñando a bo paso para non quedar conxelados no medio da rúa.
Foi imposible atopar unha pizzería ou establecemento similar onde tomar algo de cea pois ás oito e media xa os bares pechaban as portas para que os camareiros puidesen cear na casa de cada un. Optamos entón por mercar sandwiches, refrescos e froita nun Vips e montar a nosa peculiar cea de Noiteboa nunha das habitacións do hotel. Que bo estaba todo!!!
Rematamos axiña esta primeira xornada de viaxe xogando un pouquiño na consola e mirando unha película antes de deitarnos rendidos á espera dun novo día que, sen dúbida, estará cheo de emocións…
Ata mañá!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário