Así como estivemos de pouco centrados na viaxe ata o día de hoxe, esta tarde pasámola absortos coas nosas “mochilinhas”.
Iago e mais Ánxela adiantaron un montón de deberes para termos que levar a menor carga posible de libros de texto :(
Iago e mais Ánxela adiantaron un montón de deberes para termos que levar a menor carga posible de libros de texto :(
Paulo comezou a encher a súa mochila despois de probar aquela roupa de verán que apartamos en setembro agardando o día de hoxe…
Rosalía, pobre, aínda segue con febre e antibióticos; ela é forte e todos esperamos que axiña se recupere para desfrutar a tope dos vindeiros días.
Carlos botou un pedazo encordando unha das raquetas de Iago para levarmos alá xa que temos previsto botar un que outro partidiño entre excursión e excursión…
E eu convertín os vellos pantalóns de Rosalía nuns fermosos “shorts” para ir á praia ;)
Así, e a falta de tan só unhas horas para saír cara a Madrid e con pouquiñas cousas xa por meter nas “mochilinhas” dámosvos a benvida unha vez máis a está humilde ventá que abrimos ó mundo para compartir con todas e todos vós estes quince días que, sen dúbida, han ser inesquecibles para nós. Esperamos poder pasarnos por aquí con frecuencia e contarvos o ben que se está do outro lado do “charco”.
Bicos!!!
Bicos!!!
2 comentários:
Xa volvemos de Crecente e xa me metín na "vosa historia". Que pena Rosalía que estivese maliña! supoño que estará xa moi recuperada, pois os nenos son así:hoxe están con moita fiebre e mañá xa corren.
Esperamos novas vosas para saber como vos foi na viaxe de ida. Moitos bicos para todos:Iago, Ánxela, "afillado", Rosalía, compadre e comadre.Muac
Grazas Belén por pasarte por aquí. Xa ves que podes seguir lendo... Pois si, Rosalía xa está practicamente ben. Un biquiño e pasade moi boas vacacións!!!
Enviar um comentário