Cando tan só quedan algo menos de cinco días para iniciar esta nova aventura cústanos crer que falte tan pouquiño tempo pois a verdade é que aínda temos a cabeza totalmente ocupada con outros pensamentos: os últimos exames e traballos de clase, os preparativos para o Festival de Nadal do cole, os deberes dalgunhas materias que xa nos deron e queremos adiantalos para cargar co menor número posible de libretas, a carta ós Reis Magos que debe quedar enviada se queremos atopar algunha cousiña á volta aínda que creo que nos daremos por satisfeitos aínda que non atopemos nada, as malas noites que está pasando Rosalía con infección de garganta e oídos e o interese que todos temos en que se recupere –e non caia outro- antes de marchar…
En fin, demasiadas cousas que nos impiden centrarnos na viaxe como quixeramos. De todos modos, e así como quen non quere a cousa, imos adiantando algunha que outra cousiña: imprimimos os billetes electrónicos e gardámolos xunto coas exencións de visado, carnés, tarxetas sanitarias, pasaportes... “mercamos” dólares para non ter esa preocupación ó entrar no país, preparamos os nosos humildes equipos de buceo, xestionamos o aluguer dun coche para desprazarnos con comodidade pola illa e falamos e intercambiamos correos con Enid e Moncho que serán alí os nosos anfitrións (grazas unha vez máis!). E isto tamén fai que diminúan os preparativos xa que deixaremos que eles nos guíen e organicen gran parte do tempo. A verdade é que se nos vai facer rarísimo chegar ó aeroporto e atopar alí a alguén que nos espera sen termos que ser nós sós quen nos busquemos a vida…
Sen dúbida, compartir con eles estes días será do mellorciño que nos aportará esta viaxe ;)
En definitiva, parece incrible que en tan só catro días poidamos estar sobrevoando o Atlántico e din os pequenos que miraremos pola ventá xa que se vemos alumar unha luceciña vermella –e non é a á do avión- quizais se trate do fuciño do reno Rodolfo que volta a casa despois dunha noite de moito traballo… E se vén por ese camiño sería estupendo que voltase de Haití, de deixarlle a aqueles nenos e nenas moitos agasallos que lles fagan a vida un chisco máis agradable…
Grazas unha vez máis a vós por acompañarnos neste Nadal, axiña esperamos poder estar a diario por aquí contándovos cousiñas. Mentres e non, deixámosvos cunhas imaxes da chamada "Isla del Encanto" ;)
Ata pronto!!!

Sem comentários:
Enviar um comentário