Moitísimas grazas de novo, amiga e cuñado!!!
Viaxar ó Caribe no verán pareceunos cando menos desaconsellable, por iso foi que intentamos organizarnos para dispoñer duns días en decembro-xaneiro e aproveitalos para, entre outras cousas, pasar un Nadal de sol e praia ;)
Coa ilusión de que Iago, Ánxela, Paulo e Rosalía poidan gardar na súa memoria e corazón tantas e tan bonitas lembranzas como as que nós temos, comezamos cos preparativos nestes días, a tan só un mes de embarcar rumbo a América...
Unha vez máis merquei os billetes de avión por Internet (Madrid-Sto. Domingo-Puerto Rico- Sto. Domingo-Madrid), reservei hotel en Madrid para pasar a Noiteboa e ando a mirar un bungalow ou apartamento para pasar tres ou catro días en Isla Culebra que é unha reserva natural en pleno Caribe cuns fondos mariños impresionantes e que estamos desexando explorar... Merquei tamén unha cámara de fotos subacuática coa que espero poder ofrecervos, desde este espazo que sen dúbida nos manterá perto de vós, algún que outro coral ou peixe de cores... Onte mesmo pola noite tramitamos tamén a exención de visados para poder entrar en EEUU sen dificultades. E todo isto axúdanos a ir vendo que se aproxima a hora de partir...
Escribo esta entrada para darvos pé a que vos vaiades achegando quen queirades pero témome que non poderei pasarme por aquí coa frecuencia que quixera xa que, a diferenza doutras ocasións, estes preparativos cóllennos traballando e estudando a tope coa ilusión de rematar este primeiro trimestre con éxitos e así gozar dunhas boas vacacións antes de continuar co curso escolar. Si teño pensado levar, como xa vén sendo habitual, o portátil para manternos en contacto e irvos contando cousiñas ;)
Por certo, a "mochilinha especial" de tódolos anos xa está preparada así que podedes ir subindo a ela se o tedes a ben.
Ata pronto!!!
4 comentários:
Por supostísimo que nos subimos a esta mochila!!!Estarei encantada(aínda que con envexa) de ver as vosas incribles aventuras!!!
E nos felices de que nos acompañes!!!
Que ilusión nos fai contar contigo un ano máis. Graciñas!
Aii Sabela, Sabeliña non sei se poderi seguirvos virtualmente nesta viaxe, porque me vai poder a envexa mais malsana que existe :o((
Marchades ó Craibe en pleno inverno!! E nos quedamos en Lugo :oO aixx por favor eso non se fai...buaaaa
BOA VIAXEEEEEE :o*
Patricia
Amigos nós tampouco nos queremos perder unha nova viaxe na vosa compaña!!!! Xa sabedes que andaremos bastante por Crecente e alí non temos internet, pero tede por seguro, que o primeiro que faremos cando cheguemos á nosa casa será encender o ordenador e empezar a fisgonear na vosa "mochilinha" para ver todo o acontecido e ler as vosas historias. Bicos aos 6. Ah, por certo, deixade os zapatos preparados que de seguro que o reis, aínda que non esteades, farán unha paradiña na casa laranxa.
Enviar um comentário