7.1.11

MÉRCORES, 5

Hoxe foi o último destes tres marabillosos días en Illa Culebra. Levantámonos para almorzar e aproveitar a última mañá de baños e buceo en Praia Flamenco; gustounos moito observar os pelícanos que de vez en cando se botan ó mar en picado para pescar algún que outro peixe…




De volta a casa duchámonos e recollemos todo para deixar o lugar como nós o atopamos o primeiro día.


Entón fomos camiñando ata a única zona na que se poden mercar bocatas, alí entretivémonos observando a natureza e xogando coas lagartixas.



Algo máis tarde chegamos ó porto e alí paseamos polas rúas desta pequena e única localidade da illa, chamáronnos a atención as múltiples cores con que estaban pintadas as casas ademais de murais que lle daban un toque bohemio ó lugar. Con algo de retraso, e cando o sol xa comezaba a poñerse, chegou o barco buscarnos e nel voltamos á “illa grande” nunha viaxe moi tranquila caracterizada pola calma do mar e ausencia de oleaxe; esta travesía non tivo parecido ningún coa de ida, hai quen di que é máis levadeira porque o barco vai costa abaixo ;)



Un pouco máis pesadas resultáronnos as dúas horas de coche desde Fajardo ata Ponce pero chegamos ben e, sobre todo, moi contentos coa experiencia de buceo nos arrecifes de coral da illa. Só nos quedaron forzas para cear e deitarnos con intención de recuperar totalmente para mañá.

Boas noites!!!

Sem comentários: